Calenda-Río 2010
Transcripción
Calenda-Río 2010
` calendario 2010 RÍOS DE VIDA NO ANO DA BIODIVERSIDADE ` calendario 2010 No ano 2005 o Proxecto Ríos, coordenado por ADEGA comeza a súa andaina coa firme intención de divulgar a situación ambiental dos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos. Logo de cinco anos fluíndo, o proceso de implantación do Proxecto Ríos en Galiza non puido ser máis positivo. Nese espazo de tempo as actividades desenvolvidas ao longo do país arredor dos ríos e as persoas, foron moitas. Porén, o Proxecto Ríos foi máis aló das nosas bacías e participou en diferentes foros, congresos e xuntanzas tanto do estado como internacionais. Foi parte activa da creación da Red Ibérica de Proyecto Ríos, iniciativa impulsada por diversas entidades de diferentes territorios da península ibérica, que ten como finalidade a creación de sinerxías que redunden na mellora da coordinación entre os proxectos, e na organización de actividades de forma conxunta. Pensamos pois que este é un bo momento para pararse, reflexionar e mirar o treito de río navegado para coller folgos e reorientar o fluír para os próximos cinco anos. Dende a Coordinación do Proxecto Ríos, en colaboración coa equipa de educación ambiental de ADEGA, vimos de deseñar as liñas estratéxicas que pensamos deberían guiar o Proxecto nesta nova etapa. Evidentemente estas liñas deberán ser apoiadas e enriquecidas cos aportes das participantes no proxecto, tanto polos voluntarios e voluntarias como por aquelas entidades que de distinta maneira contribúen ao Proxecto Ríos. No calendario que tes nas mans, presentamos algunhas das actividades que xa temos programadas para este ano e ás que seguro se irán engadindo novas propostas. Como de costume remitímosvos á páxina web do Proxecto Ríos, para que vos informedes das novas actividades, e lembrade que o calendarío 2010 está aberto as vosas ideas e suxestións xa que este é un proxecto participativo. Fotografía: Ramses Pérez Publicado por: Proxecto Ríos-ADEGA Imprime Plana Artes Gráficas Impreso en papel reciclado Narcisos (Narcissus cyclamineus) no río Ulla (Monterroso) xaneiro l 4 m 5 mé 6 x 7 febreiro v s d l m mé x v s d 1 2 3 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 8 9 10 11 12 13 14 11 12 13 14 15 16 17 15 16 17 18 19 20 21 18 19 20 21 22 23 24 22 23 24 25 26 27 28 25 26 27 28 29 30 31 5, 6 e 7 Campo de voluntariado ambiental: Proxecto Tea. Tricoptero (Halesus radiatus) con estoxo no río de Requeixo (Manzaneda) marzo abril l m mé x v s d 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 l 5 m 6 mé 7 x v s d 1 2 3 4 8 9 10 11 15 16 17 18 19 20 21 12 13 14 15 16 17 18 22 23 24 25 26 27 28 19 20 21 22 23 24 25 29 30 31 26 27 28 29 30 13-14 Roteirríos. 5-11 15 17 23, 24 e 25 Calendario fenolóxico Comeza a campaña de primavera. Curso de formación. Campo de voluntariado ambiental: Proxecto Tea. Libeliña (Aeschna cyanea) no río Mao (Montederramo) maio l 3 m 4 mé 5 x 6 v 7 xun~o s d 1 2 8 9 l 7 m mé x v s d 1 2 3 4 5 6 8 9 10 11 12 13 10 11 12 13 14 15 16 14 15 16 17 18 19 20 17 18 19 20 21 22 23 21 22 23 24 25 26 27 24 25 26 27 28 29 30 28 29 30 31 29 Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. 31 Remata a campaña de primavera. 11, 12, 13 Campo de voluntariado ambiental: Proxecto Tea. Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) no rego de Donón (Cangas) xullo l 5 m 6 mé 7 agosto x v s d 1 2 3 4 8 9 10 11 l m mé x v s d 1 2 3 4 5 6 7 8 12 13 14 15 16 17 18 9 10 11 12 13 14 15 19 20 21 22 23 24 25 16 17 18 19 20 21 22 26 27 28 29 30 31 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Rá patilonga (Rana ibérica) no río de Caldelas (Castro Caldelas) setembro l 6 m 7 outubro mé x v s d 1 2 3 4 5 8 9 10 11 12 l 4 m 5 mé 6 x 7 v s d 1 2 3 8 9 10 13 14 15 16 17 18 19 11 12 13 14 15 16 17 20 21 22 23 24 25 26 18 19 20 21 22 23 24 27 28 29 30 25 26 27 28 29 30 31 15 Comeza a campaña de outono. 25 Roteirríos. 2 Curso de formación. 3 Limpeza simultánea en ríos. 15, 16, 17 Campo de voluntariado ambiental: Proxecto Tea. 31 Remata a campaña de outono. Merlo rieiro (Cinclus cinclus) no río Sil (Ribas de Sil) novembro decembro l m mé x v s d 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 l 6 m 7 mé x v s d 1 2 3 4 5 8 9 10 11 12 15 16 17 18 19 20 21 13 14 15 16 17 18 19 22 23 24 25 26 27 28 20 21 22 23 24 25 26 29 30 27 28 29 30 31 15 Presentación do informe anual. ` calendario 2010 “A biodiversidade é a vida, a biodiversidade é a nosa vida” é o lema elixido polas Nacións Unidas para o 2010, declarado Ano Internacional da Diversidade Biolóxica. Os ecosistemas fluviais son o hábitat no que moitas especies vexetais e animais completan o seu ciclo vital e do que dependen outras moitas. As alteracións ás que son sometidos os ríos están a poñer en perigo a moitas destas especies polo que se deben adicar esforzos na súa conservación. Xuntamos no calendarío deste ano algunhas das xoias que agochan os ríos galegos. Edita: Travesa de Basquiños, 9 baixo 15.704 Santiago de Compostela. Galiza Tel/fax: 981 57 00 99. Móbil; 650 261 283 [email protected] financia Agradecemento: a Rufino Vieira da EHEC pola identificación dos macroinvertebrados.