Folleto - Pazo da Cultura de Pontevedra
Transcripción
Folleto - Pazo da Cultura de Pontevedra
pazo da cultura + illa do covo 6 OUTUBRO ACTIVIDADES pícnic 11 a 20 horas roteiros visitas danza obradoiros concertos flamenco cruza o río, fai ponting + info www.pazodacultura.org 986 833 061 cruza o río, fai ponting... e vente de pícnic postos de comida durante todo o día (agás que chova) wc pesdelán wc canción de outono postos de comida obradoiro o corpo e a natureza wc cans con dono performance danza música clásica para cans performance danza concerto performance flamenco roteiros, detectives na illa e obradoiro voando libres pazo + illa Concello de Pontevedra D.L.: PO 454-2013 11.00 e 17.00 h · roteiro pazo + illa 2 h PORTA PRINCIPAL PAZO DA CULTURA Visita guiada ao Pazo da Cultura e á Illa do Covo coa artista Itziar Ezquieta e o arquitecto Santiago Ezquieta. Visita guiada ás exposicións Na Beira do Río. Diálogos na pintura e Tempo Gris, acompañados polo comisario Ramón Rozas. Inscrición previa no Pazo da Cultura. 11.00 h · xincana familiar 3 h Detectives na illa das esculturas. Grupos (máx. 5 persoas) competirán para descubrir os misterios da Illa do Covo. Vir preparados/as cunha cámara de fotos. Idade mínima 4 anos. Prazas limitadas. Inscrición previa no Pazo da Cultura. 12.30 e 18.00 h · performance de danza Move-mento: escola de danza Deborah (6 min). PASARELA PEONIL de madeira fronte á ponte peonil. Oximoron: performance de danza contemporánea Claro D. (15 min). ESCULTURA S/T, José Pedro Croft. 13.00 e 17.30 h · performance flamenco 10 min Povera: Isaías Salazar. Pobre en materiais e rico en significado: así podería definirse a Arte Povera, da que forma parte este espazo estético que chamamos Illa do Covo. Mais “pobre en materiais e rico en significado” é tamén o flamenco, que con apenas a gorxa, as palmas e o corpo dá vida e estremece de forma implacable. CEO ACURTADO, Giovanni Anselmo. 13.30 h · obradoiro de danza 1 h Obradoiro. Pesdelán. Aínda que moitos de vós non movérades nunca un pé, iso non é un problema: neste obradoiro sairemos todos bailando. 16.00 h · obradoiro 1.30 h O corpo e a natureza como instrumentos: Gonzalo Maceira, ao compás da natureza. DESCAMPADO á esquerda dos postos de comida. 16.00 e 19.00 h · música Música clásica para cans. Aída Álvarez (viola), Carmen Gallego (violín), María José Pámpano (violín) e L. A. R. Legido (batería e xoguetes): músicos da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Temas clásicos e improvisacións acompañados de percusións e xoguetes, no que agardamos que os cans ladren, aullen e movan moito o rabiño! Cabida limitada. 16.00 h · obradoiro Voando libres. Ventos estudos ambientais. Percorrido polo contorno da Illa do Covo comentando os valores ambientais: observación de aves con telescopios e identificación das especies arbóreas. Confección de paxaros e outras “cousas” co que atopemos na Illa. Prazas limitadas. Inscrición previa no Pazo da Cultura. 16.30 e 19.30 h · banda deseñada Cans con dono. Alumnos e alumnas do Garaxe Hermético farán tiras de banda deseñada dos cans cos seus donos. 17.00 h · concerto + danza 30 min Canción de outono. Concerto Orquestra Cámara Lira + Escola de Danza Deborah. 18.30 h · música 1 h Na punta do pé. Pesdelán. Un lecer diferente ao redor do baile e para todos os públicos. O tempo pasará sen darnos conta mentres aprendemos, rimos, bailamos e coñecemos as e os nosos novos compañeiros de baile. 19.00 h · concerto 45 min Gold & Colt + Querido Extraño. Fusión de dúas pequenas bandas de rock & roll. XAMINORIO XUNQUEMENES ABAY, Enrique Velasco. Mañá e tarde · performances CCG Xogando as agachadas (6 min 20 seg), Diálogos de danza e pintura (4 min) e Minimalismo no aire do río (15 min). Compoñentes do Centro Coreográfico Galego realizarán varias performances na Illa. INSCRICIÓNS A partir do luns 30 no Pazo da Cultura. De luns a venres en horario de 08.30 a 14.30 horas.