Consulta o noso folleto da tempada de abonos. PDF
Transcripción
Consulta o noso folleto da tempada de abonos. PDF
TEMPADA DE ABONOS Programación música clásica VIGO OUTUBRO-DECEMBRO 2014 TEMPADA DE ABONOS Programación música clásica VIGO OUTUBRO-DECEMBRO 2014 ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA Creada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade onde ten a súa sede no Palacio da Ópera, a Orquesta Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España. A osg, cuxo director titular é Dima Slobodeniouk e Víctor Pablo Pérez o seu director honorario, foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde a súa creación en 1998. Realizou varias xiras por Alemaña e Austria e ofreceu concertos nas mellores salas e ciclos de concertos españois. Por primeira vez, en 2007 foi de xira por América do Sur, con concertos en Chile, Arxentina, Brasil e Uruguai e a finais de 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena. A osg conta habitualmente con solistas coma Anne-Sophie Mutter, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman, Gil Shaham, Sarah Chang, Grigory Sokolov, Leonidas Kavakos, Arcadi Volodos, Maria João Pires, F. P. Zimmermann, Mischa Maisky ou Christian Lindberg, entre outros. Con ela cantaron Alfredo Kraus, Teresa Berganza, Plácido Domingo, María Bayo, Ainhoa Arteta, Juan Diego Flórez, Simon Estes, Mirella Freni, Ann Murray, Amanda Roocroft, Ildar Abdrazakov, Hildegard Behrens, Eva Marton, Giuseppe Giacomini, Philip Langridge, Carlos Chausson, Raúl Giménez, Isabel Rey, Carlos Álvarez, Ana María Sánchez ou Giuseppe Sabbatini entre outros moitos, e sempre baixo a batuta de mestres coma Lorin Maazel, Maurizio Pollini, James Judd, Jean-Pascal Tortelier, Libor Pesek, Peter Maag, Jesús López Cobos, Alberto Zedda, Emmanuel Krivine, Yoav Talmi, Raymond Leppard, Gabriel Chmura, Jean-Jacques Kantorow, Josep Pons, John Nelson, Gianandrea Noseda, Ron Goodwin ou Manfred Honeck. Na súa discografía para os selos emi, decca, Koch, Naíve, bmg e Arts figuran nomes coma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomeada ao Grammy 2007 polo mellor álbum clásico do ano—, María Bayo, Plácido Domingo, Juan Pons ou Ewa Podles. CONCERTOS Dima Slobodeniouk (xoves 2 de outubro) Dima Slobodeniouk (xoves 11 de decembro) REAL FILHARMONÍA DE GALICIA A Real Filharmonía de Galicia, con sede en Santiago de Compostela e xestionada polo Consorcio da cidade, nace da man da Xunta de Galicia en 1996 cunha vocación universal. Esta orquestra sinfónica, que representa en si mesma o concepto de espírito aberto, conciliador e amable que encerra a música, está formada por cincuenta artistas de diferentes nacionalidades que achegan a súa experiencia, formación, tradición musical, empeño e ilusión. Xunto a eles, mestres como Maximino Zumalave, músico comprometido coa súa cidade, como director asociado; Helmuth Rilling, o primeiro director titular da orquestra que axudou co impulso necesario para iniciar este proxecto; Antoni Ros Marbà, que consolidou a súa traxectoria durante catorce anos e, agora, Paul Daniel, desde xaneiro de 2013, novo director titular, tiveron e teñen a responsabilidade de conducir esta formación musical. O seu traballo permitiu que especialistas de recoñecido prestixio acepten colaborar e compartir momentos de gran pleni- tude musical: Frank Peter Zimmermann, Daniel Hope ou Vadim Repin (violín), Natalia Gutman, Lluís Claret ou Enrico Dindo (violoncello); Joaquín Achúcarro, Rudolf Buchbinder ou Eldar Nebolsin (piano) e cantantes coma Teresa Berganza, Thomas Quatshoff ou Matthias Goerne. E, por suposto, importantes directores coma Frans Brüggen, Juanjo Mena, David Afkham, Hansjörg Schellenberger, Josep Pons ou Christoph König, actual director invitado, puxeron a súa batuta á fronte da orquestra. A Real Filharmonía de Galicia mantén unha tempada estable no Auditorio de Galicia de Compostela que compatibiliza con xiras e concertos en Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina e, especialmente, Portugal, ademais de nas principais cidades españolas, onde destaca a súa participación na tempada cultural de Vigo. Na discografía da rfg salientan os traballos dedicados a Manuel de Falla, Frederic Mompou e Maurice Ravel. O seu último disco rende homenaxe a Antón García Abril. CONCERTOS Christoph König (venres 31 de outubro) Paul Daniel (xoves 6 de novembro) Maximino Zumalave (xoves 4 de decembro) ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA Dima Slobodeniouk - Director Programa I FRANZ JOSEPH HAYDN (1732-1809) Sinfonía núm. 22 en mi bemol maior «O filósofo» RICHARD STRAUSS (1864-1949) Concerto para óboe, TrV 292 (AV 144) en re maior Desde setembro de 2013 é director titular da Orquesta Sinfónica de Galicia. Slobodeniouk sitúase entre o máis destacado da nova xeración de directores musicais grazas á combinación das súas raíces rusas cos seus anos de estudos musicais en Finlandia. De 2005 a 2008 foi director titular da Sinfónica de Oulu na cal levou a batuta en concertos e óperas. Nas últimas tempadas, debutou e forxou novas colaboracións con diversas compañías europeas e americanas acadando un notable éxito. II DARIUS MILHAUD (1892-1974) Symphonie de chambre núm. 5: «Dixtour d’instruments à vent», op. 75 ÍGOR STRAVINSKI (1882-1971) Pulcinella: Suite Ademais, Slobodeniouk é moi estimado polos compositores. A súa calidade artística apréciase a través do seu completo repertorio que abrangue desde autores coma Rautavaara e Widmann ata Brahms ou Wagner. Alexei Ogrintchouk - Óboe Nacido en Moscova, estudou no Conservatorio Nacional Superior de Música de París. Gañou numerosos concursos internacionais e o premio ao artista revelación estranxeiro nos Victoires de la Musique Classique. Foi primeiro óboe na Orquestra Filharmónica de Rotterdam e na Orquestra Real do Concertgebouw de Amsterdam. Desde 2001 compaxina a súa actividade coa docencia en Londres e, desde 2009, San Sebastián. 2 de outubro de 2014 20.30 h Duración aproximada do concerto: 1 h 45 min Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o descanso REAL FILHARMONÍA DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Christoph König - Director Programa I JOHANN SEBASTIAN BACH (1685-1750) Concerto de Brandenburgo núm. 3 en sol maior, BWV 1048 Allegro Adagio Allegro Naceu en Dresde (Alemaña) e na mesma cidade estudou dirección orquestral, piano e canto. Uns anos despois recibiu desde Berlín un dos premios máis prestixiosos no xénero da clásica, o Premio da Fundación Herbert von Karajan, que dá mostra do seu xenio musical. A partir do ano 2009 foi nomeado director titular da Orquestra Sinfónica do Porto - Casa da Música e director musical da Orquestra de Solistas Europeos de Luxemburgo, cargos que segue a ocupar na actualidade. Desde o ano 2013 é o principal director convidado da Real Filharmonía de Galicia e está sendo moi solicitado coma director invitado en toda Europa e América. O seu debut en Estados Unidos coa Sinfónica de Nova Jersey desembocou en novos compromisos coas orquestras de Indianápolis, Colorado e Houston, entre outras. Tamén se estreou coas orquestras de Pittsburg, Radio Danesa, Orquestra de París e a Filharmónica dos Países Baixos. Os seus compromisos inclúen, ademais, a Royal Philarmonic de Londres, as Filharmónicas de Dresde, Stuttgart e Bonn, así coma as orquestras da bbc de Escocia e bbc de Gales. As súas gravacións reúnen obras de Schönberg e Prokofiev, Saariaho e Sibelius coa Orquestra Nacional do Porto; de Melcer coa Sinfónica Escocesa da bbc; sinfonías de Beethoven coa Sinfónica de Malmö; e de Prokofiev e Mozart coa Orquestra de Solistas Europeos de Luxemburgo. ARNOLD SCHÖNBERG (1874-1951) Sinfonía de cámara núm. 2 en mi bemol menor, op. 38 Adagio Con fuocco II BENET CASABLANCAS (1956) Apertura festiva JOSEPH HAYDN (1732-1809) Sinfonía núm. 99 en mi bemol maior, Hob. I/99 Adagio - Vivace assai Adagio Menuet: Allegretto Finale: Vivace 31 de outubro de 2014 20.30 h Duración aproximada do concerto: 1 h 30 min Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o descanso REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Paul Daniel - Director Programa I FERNANDO BUIDE (1980) Mar ao norde (obra encargo rfg) MICHAEL TIPPETT (1905-1998) The Midsummer Marriage. Ritual dances Desde xaneiro de 2013 é director titular e artístico da rfg. Tamén é director musical da Orquestra Nacional de Burdeos e principal director e conselleiro artístico da West Australian Symphony Orchestra de Perth. Foi director musical da English National Opera e das óperas Factory e North e director invitado de grandes orquestras do mundo. A súa gravación da Sinfonía núm. 3 de Elgar/Payne, coa Bournemouth Symphony Orchestra, foi un dos discos de música clásica máis vendidos do 2000. Entre os seus compromisos operísticos inclúense Lucrecia Borgia e As vodas de Fígaro para a English National Opera e L’enfant et les sortilèges e Der Zwerg para a Ópera Nacional de París. Recibiu premios coma o Olivier e un Gramophone. Nos New Year’s Honours de 2000 recibiu a Cruz do Imperio Británico. II JEAN SIBELIUS (1865-1957) Concerto para violín e orquestra en re menor, op. 47 Allegro moderato Adagio di molto Allegro, ma non tanto Tedi Papavrami - Violín Con 5 anos seu pai ensinoulle a tocar o violín e con 15 anos xa rematara os seus estudos no Conservatorio de París. Logo de gañar varios premios, emprendeu a súa andaina coma solista e músico de cámara e fíxose membro do Cuarteto Schumann. Desde 2008, Tedi é profesor de violín na Haute École de Musique en Xenebra. 6 de novembro de 2014 20.30 h Duración aproximada do concerto: 1 h 45 min Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o descanso REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Maximino Zumalave - Director Director e pianista compostelán, Maximino Zumalave formouse musicalmente en Santiago, Madrid, Viena e Stuttgart. Fundou e dirixiu o Coro Universitario de Santiago, o Collegium Compostellanum, así como a Real Filharmonía de Galicia de 1996 a 2000. Na actualidade é director asociado da rfg e da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Lola Casariego - Soprano Canta ópera, zarzuela, concerto e recital. Debutou con éxito cos papeis de Manuela (La chulapona) e Rosina (O barbeiro de Sevilla) e a partir de aí desenvolveu unha intensa carreira polos máis célebres escenarios internacionais baixo a batuta de prestixiosos directores. Ademais, gravou para importantes selos discográficos pezas de Barbieri, Granados ou Scarlatti, entre outros. Gustavo Peña - Tenor Iniciou os seus estudos en canto no Conservatorio Superior de Música das Palmas e titulouse en Tenerife. Posúe un amplo repertorio que contempla obras desde Monteverdi a compositores actuais tanto nos xéneros de música de cámara, coma oratorio, ópera e zarzuela. Colabora asiduamente coas grandes orquestras sinfónicas españolas e ten cantado con afamadas orquestras internacionais. Programa CONRADO DEL CAMPO (1878-1953) Libreto: Víctor Said Armesto (1871-1914) La flor del agua Coro da Sinfónica de Galicia Foi fundado en 1998. Actualmente o seu director artístico é Joan Company e está integrado por máis de setenta voces de toda Galicia que reciben unha formación con profesores de renome. O coro realiza unha intensa actividade centrada nas obras máis destacadas do repertorio universal, sobre todo nos xéneros sinfónico-coral, operístico e a capela. Desde os seus inicios ten participado nos festivais e ciclos de concertos máis importantes de Galicia e a finais de 2003 realizou a súa primeira xira ao estranxeiro por Portugal. 4 de decembro de 2014 20.30 h Duración aproximada do concerto: 1 h 30 min Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o descanso ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA Dima Slobodeniouk - Director Programa I WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791) Così fan tutte, K 588: Apertura WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791) Concerto para piano núm. 22 en mi bemol maior, K 482 II Elizabeth Leonskaja - Piano WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791) Sinfonía núm. 41 en do maior, K 551 «Xúpiter» Mentres estudaba piano no Conservatorio de Moscova, Leonskaja gañou premios en concursos internacionais de Bucarest, París e Bruxelas. A raíz de participar en concertos co pianista Sviatoslav Richter e de aparecer no Festival de Salzburgo en 1979, foi visitando as mellores salas de concertos do mundo, dando recitais coas grandes orquestras de América e Europa. Actualmente é unha asidua nos festivais de verán máis célebres coma solista, aínda que tamén interpreta música de cámara. Conta no seu haber cun amplo número de gravacións, moitas delas premiadas, e con diversos premios entre os que destaca a Cruz de Honra das Ciencias e as Artes que lle outorgou o goberno austríaco en 2006. 11 de decembro de 2014 20.30 h Duración aproximada do concerto: 1 h 45 min Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o descanso INFORMACIÓN TEMPADA DE ABONOS Venda da tempada do 21 de xullo ao 23 de setembro de 2014 Entradas soltas a partir do 25 de setembro CONCERTOS Orquesta Sinfónica de Galicia - Dima Slobodeniouk (xoves 2 de outubro) Real Filharmonía de Galicia - Christoph König (venres 31 de outubro) Real Filharmonía de Galicia - Paul Daniel (xoves 6 de novembro) Real Filharmonía de Galicia - Maximino Zumalave (xoves 4 de decembro) Orquesta Sinfónica de Galicia - Dima Slobodeniouk (xoves 11 de decembro) BUTACA 60,80 € ANF. 1 52,80 € ANF. 2 44,80 € ANF. 3 32,20 € Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete Axúdanos a conservar o medio ambiente gardando este folleto ata a fin de tempada A programación pode sufrir cambios servin ova.com 902 504 500 A través destas mesmas canles tamén podes consultar a nosa política Tempada en colaboración coa Sociedad de bonificacións e descontos xerais Filarmónica de Vigo DESCONTOS COLECTIVOS Colectivo mozo: carné xove Maiores de 65: carné de xubilado Desempregados: carné correspondente Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono © Fundación Galicia Obra Social, 2014 Depósito Legal: C 1061-2014 Centro Cultural AFUNDACIÓN Vigo Policarpo Sanz, 13 986 447 369