Bases do Concurso - Concello de Vimianzo
Transcripción
Bases do Concurso - Concello de Vimianzo
Concello de Vimianzo BASES DO CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO 2014 1.- Os participantes deberán inscribirse na Casa da Cultura ata o xoves 27 de febreiro ás 14 horas. 2.- Entenderase por comparsa a agrupación composta por un mínimo de dez compoñentes, que desfilen ou realicen unha actuación, ben sexan coplas, bailes ou representacións. 3.- Entenderase por grupos os participantes de dous a nove membros que desfilen ou realicen unha actuación conxuntamente, ben sexan coplas, bailes ou representacións. 4.- As comparsas e grupos deberán gardar unha unidade temática, tanto no seu vestiario coma na súa actuación. 5.- As comparsas e grupos deberán estar na Praza do Concello o domingo día 2 de marzo ás 16.30 horas e realizarán un pasarrúas por Vimianzo ata as inmediacións da Praza do Concello, lugar onde se levarán a cabo as actuacións diante do xurado. 6.- Para poder participar no concurso é obrigatorio facer o pasarrúas por Vimianzo. 7.- Para a selección dos premiados o xurado terá en conta o pasarrúas das comparsas e grupos, a orixinalidade e confección dos disfraces e a representación ou actuación feita polos compoñentes diante do xurado. 8.- A orde no pasarrúas e nas actuacións rexerase segundo o rexistro de inscrición. 9.- En caso de chuvia o concurso trasladarase ao pavillón. As comparsas e grupos non poderán acceder ao pavillón con vehículos nin plataformas. 10.- O xurado estará formado por representantes dos medios de comunicación da Costa da Morte. 11.- O xurado deberá elixir: • A mellor comparsa • A mellor comparsa de Vimianzo • O mellor grupo • O mellor grupo de Vimianzo • O mellor difrace individual adulto • Os 3 mellores disfraces individuais infantís Se unha comparsa ou grupo de Vimianzo leva o mellor premio xeral quedará excluído do premio local. Praza do concello, nº 6 15129 – Vimianzo (A Coruña) Nº R.E.L. 01150927 C.I.F. P-1509300-H Tel 981716001 Fax 981716650 [email protected] www.vimianzo.es Concello de Vimianzo 12.- Os premios para o concurso de disfraces son: • • • • • • Premio á mellor comparsa: 400 € Premio á mellor comparsa de Vimianzo: 300 € Premio ao mellor grupo: 200 € Premio ao mellor grupo de Vimianzo: 150 € Premio ao mellor disfrace individual adulto: unha cea para 2 persoas nun dos restaurantes participantes nas campañas gastronómicas do concello Premio aos 3 mellores disfraces individuais infantís: un vale de 30 € para canxear nas librarías ou xogueterías do concello de Vimianzo 13.- A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sobre as que diante de calquera dúbida prevalecerá a resolución que adopte o xurado, por maioría simple dos seus membros. En contra das decisións do xurado non caberá ningún tipo de recurso. Praza do concello, nº 6 15129 – Vimianzo (A Coruña) Nº R.E.L. 01150927 C.I.F. P-1509300-H Tel 981716001 Fax 981716650 [email protected] www.vimianzo.es