Decreto 598/2005, do 29 de decembro, polo que se aproba
Transcripción
Decreto 598/2005, do 29 de decembro, polo que se aproba
1.192 DIARIO OFICIAL DE GALICIA VII. Órganos colexiados. Artigo 9º Esta adscrito á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o Consello Galego de Medio Ambiente. A presidencia do consello será asumida polo conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a vicepresidencia polo director xeral de Desenvolvemento Sostible e a secretaría polo subdirector xeral de Fomento do Desenvolvemento Sostible, manténdose a composición dos restantes membros do consello. Artigo 10º 1. Está adscrito á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o Comité Galego de Pesca Fluvial. A presidencia do comité será asumida polo director xeral de Conservación da Natureza. 2. Están adscritos á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible os comités provinciais de pesca fluvial. A presidencia dos comités será asumida polos delegados provinciais da consellería. Artigo 11º 1. Está adscrito á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o Comité Galego de Caza. A presidencia do comité será asumida polo director xeral de Conservación da Natureza. 2. Están adscritos á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible os comités provinciais de caza. A presidencia dos comités será asumida polos delegados provinciais da consellería. VIII. Rexistro. Artigo 12º Está adscrito á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o Rexistro de Asociacións Protectoras do Medio Ambiente. Disposición transitoria Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido das subdireccións ou servizos existentes con anterioridade, autorízase o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, por proposta do secretario xeral, a readscribir o persoal afectado a postos do mesmo ou inferior nivel, sempre que sexan postos de libre designación, ou adscribilos con carácter temporal, sempre que non exista posto de igual nivel, a outros de inferior nivel se se tratase de postos de provisión por concurso ata que, neste último caso, os ditos postos sexan cubertos na forma establecida regulamentariamente, sen que, en ningún caso, supoña a readscrición ou adscrición cambio de residencia. Todo isto sen prexuízo do disposto nos artigos 27.5º e 62.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e na Lei 9/1987, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das administracións públicas, así como No 15 L Luns, 23 de xaneiro de 2006 das competencias que poida ter atribuídas nesta materia a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Disposición derrogatoria Queda derrogado o Decreto 106/2004, do 27 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, así como cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido neste decreto. Disposicións derradeiras Primeira.-Autorízase o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para ditar as disposicións precisas para o desenvolvemento deste decreto. Segunda.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, doce de xaneiro de dous mil seis. Emilio Pérez Touriño Presidente Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA Decreto 598/2005, do 29 de decembro, polo que se aproba a modificación dos estatutos do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés. A necesidade de dar unha resposta eficaz deste servizo fai necesaria unha organización axeitada del en todo o territorio galego. Este feito aconsellou que a Xunta de Galicia elaborase o Plan galego de dotación de parques contra incendios urbanos, baseado en criterios de racionalidade técnica e económica, que permita dotar a comunidade autónoma dun servizo integrado de extinción de incendios que garanta este servizo en toda Galicia, baixo condicións aceptables, en función do risco e da dificultade técnica da extinción, sendo o Parque contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés un dos parques previstos no plan galego. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e sete de novembro de mil novecentos noventa e oito, acordou participar no Consorcio do Parque contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, segundo o disposto no punto 3º do artigo 196 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. No 15 L Luns, 23 de xaneiro de 2006 De acordo co anterior, o Consello da Xunta de Galicia prestou aprobación, mediante Decreto 89/2000, do 31 de marzo, sendo á súa vez modificados polo Decreto 226/2002, do 20 de xuño. Para acadar unha maior axilidade na xestión e eficacia na prestación do servizo é necesario proceder á modificación do artigo 21 no referente aos gastos de funcionamento do consorcio, así como engadir un anexo II a estes estatutos recollendo as obrigas que asume o Concello de Vilagarcía en relación ao servizo. A modificación e aprobación dos estatutos modificados do consorcio fíxose segundo as normas de procedemento establecidas nos artigos 143 e 151 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. Polo exposto, e en aplicación do artigo 196 da Lei 5/1997, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e nove de decembro de dous mil cinco, DISPOÑO: Artigo único.-Aprobar a modificación dos estatutos do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés no que se refire ao contido do artigo 21 e á incorporación do anexo II, sendo o seu texto o que se recolle no anexo a este decreto. Disposición derrogatoria Queda derrogado o artigo 21 do Decreto 226/2002, do 20 de xuño, polo que se aprobaron os estatutos do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés. Disposición derradeira Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil cinco. Emilio Pérez Touriño Presidente José Luis Méndez Romeu Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. ANEXO Artigo 21º.-Contribucións ao consorcio. As contribucións dos entes consorciados para sufragar os gastos ordinarios do parque efectuaranse da maneira seguinte: Fase de construción e equipamento: -Xunta de Galicia: 40% dos gastos totais de construción e equipamento. DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.193 -Deputación Provincial de Pontevedra: 40% dos gastos totais de construción e equipamento. -Concellos consorciados: 20% dos gastos totais de construción e equipamento, de acordo cos ratios de participación que se sinalan no anexo I dos estatutos. Gastos de funcionamento: -Xunta de Galicia: 50% dos gastos anuais de funcionamento do consorcio. -Deputación Provincial de Pontevedra: 50% dos gastos anuais de funcionamento do consorcio. Se durante o exercicio económico se producisen ingresos superiores aos previstos inicialmente no orzamento do consorcio, estes excesos serán dedicados, a criterio do Pleno, a actuacións adicionais ás previstas, ou ben a minguar as achegas que lles corresponden ás partes consorciadas. En todo caso poderase acudir aos mecanismos previstos na lexislación vixente para obter a satisfacción das contribucións en caso de que algunha das administracións consorciadas non acheguen en prazo a totalidade das cantidades que se estean obrigadas polo presente artigo e co fin todo isto de facer efectivas estas cantidades. Outras achegas: O Concello de Vilagarcía de Arousa colaborará no funcionamento da subsede de Vilagarcía de Arousa mediante o cumprimento do previsto nas estipulacións recollidas no acordo aprobado polo Pleno deste concello, en sesión do 27 de novembro de 2003, testemuño do cal queda incorporado como anexo ao presente decreto. ANEXO II Convenio de colaboración para a coordinación de actuacións e medios entre o Consorcio contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés e o Concello de Vilagarcía de Arousa, no relativo á prestación dos servizos de protección civil e prevención e extinción de incendios 1. O Consorcio contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés prestará o seu servizo en condicións de igualdade no territorio dos nove concellos integrantes del, cos medios e persoal adscritos, tanto a sede principal de Ribadumia, como a subsede de Vilagarcía de Arousa, de acordo todo iso cos termos do contrato de xestión asinado no seu día para os funcionamento do servizo. 2. No que se refire á subsede de Vilagarcía de Arousa e para efectos de colaboración e coordinación do funcionamento desta establécense as seguintes liñas de actuación: a) O Concello de Vilagarcía de Arousa comprométese a achegar o persoal necesario para realizar as seguintes funcións: -Atención ás comunicacións internas do servizo, coordinando, para estes efectos a sede de Ribadumia coa subsede de Vilagarcía de Arousa. 1.194 DIARIO OFICIAL DE GALICIA -Atención ás chamadas telefónicas do exterior desde o centro de coordinación de emerxencias 112 e das que puidesen producirse para a xestión dos recursos. -Mantemento actualizado dos rexistros de entradas e saídas, o arquivo xeral e documentación. -Colaboración na realización de informes especiais (memorias, plans directores e outras publicacións). -Atención ao público. -Recompilación de datos necesarios para elaborar o control estatístico. -Xestión dos partes de intervención do servizo e confección de estatísticas. -En xeral, compételle calquera outra función que poidan encomendarlle en relación ao posto ao que está adscrito. Todas estas funcións levaranse a cabo no edificio da subsede de Vilagarcía de Arousa, baixo o mesmo réxime e horario de funcionamento do propio servizo. O persoal achegado polo concello en ningún caso manterá relación laboral co consorcio contra incendios ou coa empresa concesionaria do servizo, dependendo para todos os efectos do Concello de Vilagarcía de Arousa. Para o desempeño do seu labor este persoal achegado polo concello, e con independencia da necesaria coordinación co propio concello, quedará sometido ás directrices e instrucións emanadas desde a unidade operativa do parque. b) Distribución das competencias que, en materia de emerxencias lle corresponden ao Concello de Vilagarcía de Arousa e ao Consorcio contra Incendios e de Salvamento da Comarca do Salnés: b.1) Concello de Vilagarcía de Arousa. -Elaborar e aprobar o Plan territorial municipal fronte a emerxencias. -Elaborar os inventarios de riscos e o catálogo de recursos municipais en situación de emerxencia. -Correspóndelle ao alcalde o mando único dos servizos de intervención nas emerxencias; enténdese como mando único a coordinación e dirección dos distintos servizos de emerxencias (asistencia sanitaria, asistencia social, rehabilitación dos servizos públicos esenciais, información á poboación, articulación dun sistema de comunicación entre autoridades e servizos). Para estes efectos, será asesorado polo responsable do servizo do consorcio cando o carácter de emerxencia estea directamente relacionado coas funcións do Servizo de Bombeiros. A Dirección Técnica de Intervención fronte a emerxencias do Servizo de Bombeiros será exercida polo persoal do consorcio supeditada ao mando único. No 15 L Luns, 23 de xaneiro de 2006 b.2) Consorcio contra incendios e salvamento: -Con carácter xeral, a planificación e execución de operacións de prevención e actuación fronte a incendios e outros sinistros, asistencia e salvamento de persoas e protección de bens. -Desenvolvemento das medidas preventivas e, en particular, a inspección en materia do cumprimento da normativa de protección, fronte a riscos da súa competencia. Se é caso, a elaboración de informes preceptivos con carácter previo á obtención de licenzas de explotación por requirimento da autoridade competente da Administración. -Investigación e informes sobre as causas e desenvolvemento dos sinistros. -Participación na elaboración dos plans de emerxencia, así como o seu desenvolvemento das actuacións previstas nestes. -Participación nas campañas de formación e información aos cidadáns. b.3) Así mesmo, coa finalidade de acadar a coordinación dos medios do consorcio con aqueles de que xa dispón o Concello de Vilagarcía de Arousa, establecerá, para os anteditos efectos de colaboración e coordinación o seguinte protocolo de actuación para intervención en emerxencias que requiran a participación dos medios das outras administracións: -Una vez notificada polo centro de coordinación de emerxencias 112, ou por outro medio distinto a este, a existencia dunha situación de emerxencia neste territorio, un grupo de intervención do Servizo de Bombeiros do consorcio acudirá a esta, sendo coordinada a emerxencia polo mando do consorcio que acceda en primeira instancia á emerxencia. -Se a gravidade da situación o require, solicitaranse reforzos dos que o propio consorcio dispón en Ribadumia, e se fora necesario aos servizos de emerxencias de que dispón o Concello de Vilagarcía de Arousa. -Nos incendios ou situacións de extrema gravidade, constituirase o Posto de Mando Avanzado (PMA) desde o cal se dirixirán e coordinarán as actuacións do grupo de actuación. A prelación, por orde ascendente, da coordinación desde os primeiros momentos será: *Xefe de dotación. *Xefe do Servizo de Bombeiros (como director técnico). *Mando único (alcalde ou en quen delegue). -O Posto de Mando Avanzado estará composto por: *Director técnico do PMA. *Alcalde (mando único). *Xefe de Unidade de Protección Civil. *Técnicos de distintas administracións ou outras persoas que o Comité de Dirección considere oportuno. No 15 L Luns, 23 de xaneiro de 2006 3. Pola súa parte, e para a efectividade das obrigas que adquire o Concello de Vilagarcía de Arousa, o Consorcio contra Incendios e Salvamento para a Comarca do Salnés deberá proceder nos 15 días seguintes á adopción do presente acordo, polo órgano competente do concello, a iniciar o proceso de modificación do artigo 21 dos seus estatutos, no sentido de substituír a achega polo Concello de Vilagarcía de Arousa do 6,4205169% dos gastos anuais de funcionamento do consorcio pola contribución ao desenvolvemento do servizo que queda sinalada nos números anteriores do presente acordo, queda exento, en consecuencia, o Concello de Vilagarcía de Arousa de efectuar a achega económica antes sinalada por este concepto. CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA Orde do 16 de xaneiro de 2006 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2006. A Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, fixa a contía das retribucións para o dito exercicio correspondentes aos funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Coa finalidade de facilitar a confección das nóminas que se elaborarán para aboar as mencionadas retribucións, máxime despois da modificación da estrutura das pagas extraordinarias previstas na citada lei, esta consellería considera oportuno ditar as seguintes instrucións, que se limitan a aplicar o disposto na dita disposición e nas precedentes polo que respecta ás súas normas de vixencia indefinida, así como nas demais normas reguladoras do réxime retributivo do persoal ao servizo da Administración autonómica. Por todo isto, esta consellería DISPÓN: Primeiro.-Instrucións sobre a contía das retribucións dos funcionarios públicos que desempeñan postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988. 1. A contía das retribucións dos altos cargos da Administración da Comunidade Autónoma, dos membros do Consello de Contas de Galicia, así como as dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia e os integrantes do Tribunal Galego de Defensa da Competencia aprobadas no artigo 15 da citada Lei de orzamentos para o ano 2006, son as que se reflicten no anexo I desta orde. Os secretarios xerais, directores xerais e asimilados a que se refire o punto un do artigo 15 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, per- DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.195 cibirán en cada un dos meses de xuño e decembro un importe adicional na contía que, así mesmo, se reflicte neste anexo. 2. Con efectos económicos do 1 de xaneiro do ano 2006, os funcionarios públicos que desempeñen postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988, do 26 de maio, percibirán as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías que se detallan nos anexos II e IV desta orde. As pagas extraordinarias dos funcionarios en servizo activo, aos que lles resulte de aplicación o réxime retributivo da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, terán un importe, cada unha delas, dunha mensualidade de soldo e trienios, máis o 80% do complemento de destino mensual que se perciba, na paga correspondente ao mes de xuño, e o 100% deste complemento na do mes de decembro. A contía que se vai incluír en cada paga extraordinaria recóllese no anexo III. 3. Polo que respecta aos complementos específicos, a súa contía experimentará un incremento do 2% respecto da percibida para o exercicio de 2005, sen prexuízo, se é o caso, do previsto no artigo 13.Un da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006. En consecuencia, a contía dos citados complementos será a que figura na táboa que se detalla no anexo V desta orde. 4. As contías das retribucións do persoal docente non universitario establecidas por acordos do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de xaneiro e do 23 de xaneiro de 1992, son as que se reflicten no anexo VI desta orde. Así mesmo, e por Decreto 120/2002, do 22 de marzo, regúlase a consolidación parcial do complemento específico dos directores dos centros escolares públicos. A porcentaxe de consolidación relaciónase no citado anexo VI. De igual maneira e con respecto ás pagas extraordinarias deste persoal, seralles de aplicación o establecido no punto dous parágrafo segundo destas instrucións e nas contías sinaladas así mesmo no anexo III. 5. Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10.1º da Lei 13/1988, do 30 de decembro, serán absorbidos por calquera mellora retributiva incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. Para os efectos da absorción prevista no parágrafo anterior, en ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de produtividade nin as gratificacións por servizos extraordinarios, e só se computarán no 50% do seu importe as melloras retributivas derivadas do incremento das retribucións de carácter xeral establecidas no artigo 13 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, entendendo que teñen este carácter o soldo referido a catorce mensualidades, o complemento de destino e o complemento específico.