Campo de traballo de Vilarbó
Transcripción
Campo de traballo de Vilarbó
Campo de traballo de Vilarbó 1. Obxectivo do campo de traballo Preténdese conseguir unha maior integración entre as persoas participantes, e delas co medio natural, así como o desenvolvemento das súas capacidades, favorecendo unha maior confianza en si mesmas e a súa autonomía. 2. Localización Está situado na área natural de Vilarbó e no curso medio da Fraga do Eume, a uns 8 quilómetros do centro urbano das Pontes de García Rodríguez na provincia da Coruña. Coordenadas para GPS: 43º 28 min 40.09 N longitud 7º 47 min. 48.31 O. 3.Teléfonos e horario de contacto Horario de contacto: 11:00 a 13:00 horas. Teléfonos: 669 111 183 / 679 625 365 4. Aloxamento O aloxamento dos participantes farase en bungalows de madeira con liteiras. 5. Actividades e excursións Realízanse actividades de animación, xogos, xogos de mesa, pequenas obras de teatro, tertulias, cine, actividades deportivas, tiro con arco, canoa, remo, voleibol, obradoiro de artesanía, actividades culturais, ambientais, festa de despedida, plantación e regado de árbores, axardinado, mantemento do campo, tratamento da madeira dos edificios etc. Faranse dúas excursións pola zona. 6. Asistencia sanitaria Realizarase unha visita médica por quenda e, para calquera urxencia dispoñen de medios de desprazamento ata o centro de saúde das Pontes de García Rodriguez.