dossier - Vigocultura
Transcripción
dossier - Vigocultura
IMA XINA SONS 9º FESTIVAL DE JAZZ DE VIGO 28 XUÑO / 06 XULLO 2013 9 DOSSIER ORGANIZA Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo Praza do Rei, 1-36202 VIGO Tel. 986.810.246; fax. 986.810.138; correo: [email protected] Alcalde Abel Caballero Álvarez Concelleiro da Área de Industria, Turismo, Cultura e Festas Cayetano Rodríguez Escudero Coordinación xeral Jesús López Moure Xefe do Servizo de Xestión e Promoción Cultural Dirección artística Nani García INFORMACIÓN XERAL www.imaxinasons.com www.vigocultura.org Servizo de atención cidadá: 010 (dende móbil ou fóra de Vigo 986.810.260) Horario: de 08.00 a 20.00 h. de luns a venres, de 10.00 a 14.00h. os sábados MODALIDADE DE ACCESO AOS CONCERTOS Venda anticipada a partir do 21 de xuño www.servinova.com / 902 504 500 Concertos de pagamento -Salón de actos do MARCO: 3 € + gastos de xestión -Auditorio Municipal do Concello: 5 € + gastos de xestión Venda de entradas no mesmo día dos concertos, nos despachos de billetes da sala do concerto desde unha hora antes do seu comezo Entrada Libre até completar aforo: Praza da Constitución En caso de inclemencias metereolóxicas, a organización poderá decidir o traslado dos concertos na praza da Constitución ao teatro Salesianos. 1 ÍNDICE Presentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 3 Programa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4 Fichas de artistas Tigran . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .7 Baldo Martínez Cuarteto Europa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8 Side A . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9 Hyperpotamus. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10 Molimo. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10 SSS-Q. Susana Santos Silva & Jorge Queijo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10 Marcelino Galán. The Gift. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11 Dead Capo. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12 Mostly Other People Do the Killing . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13 Tora Tora Big Band . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . 14 Ari Hoenig Trio. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15 Richard Galliano. Tangaria Quartet. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .16 Festa presentación + Jazz na Noite . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 17 Academia de Sons. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 18 2 Presentación Na súa novena edición, Imaxina Sons presenta un programa de concertos e actividades que demostran o presente vital e o prometedor futuro do jazz. Estarán en Vigo novas figuras do jazz internacional como o pianista Tigran Hamasyan, o batería Ari Hoenig e a banda Mostly Other People Do the Killing. De novo, e especialmente nun contexto no que os artistas locais precisan de promoción e apoio, os artistas de Galicia teñen reserva preferente no programa do festival: seremos testemuñas do novo proxecto Cuarteto Europa, do que forma parte o contrabaixista Baldo Martínez xunto ao violinista Dominique Pifarély, entre outros, e escoitaremos o novo traballo discográfico do guitarrista Marcelino Galán. Ademais a improvisadora Chefa Alonso traerá o MARCO o seu proxecto Molimo. Seguirá sendo o MARCO un espazo para a transgresión dentro de Imaxina Sons fronte ao escenario da praza da Constitución, no que se programa pensando nun amplo público que se achega con curiosidade ao jazz. Dead Capo, banda formada en Madrid, Tora Tora Big Band, grupo formado por músicos de diferentes puntos de Europa radicados en Lisboa e o gran acordeonista Richard Galliano, compoñen o programa de concertos na praza. Nesta edición 2013 Imaxina Sons presenta un espazo peculiar co que embarcar a novos públicos no festival. Baixo o título Academia de Sons, un amplo programa de obradoiros e concertos didácticos desenvolverase do 1 ao 6 de xullo nas aulas e na traseira do MARCO. Obradoiros de improvisación, cabaré e instrumentos de manivela, concerto didácticos de Odaiko Percussion así como a estrea da película Sant Andreu Big Band completarán o programa de concertos de Imaxina Sons. A música na rúa e nos clubs xa é selo deste festival, así que a novena edición continuará promovendo concertos de grupos da nosa contorna en diferentes espazos. En 2013 "Jazz fóra de lugar" conformará un novo circuíto de espazos ao aire libre que sacarán a creatividade das formacións locais á rúa a plena luz do día. 3 PROGRAMA IMAXINA SONS 2013 VENRES 21 DE XUÑO 21:00 h Festa presentación Imaxina Sons 2013 con Verónica Ferreiro Hipólito Bar (Avda. Castrelos, 26) Verónica Ferreiro, voz Gabriel Peso, piano Sergio Fernández, baixo e contrabaixo Alberto Brenes, batería VENRES 28 DE XUÑO Concerto de apertura 21:00 h Tigran. Auditorio Municipal Tigran Hamasyan, piano SÁBADO 29 DE XUÑO 13:00 h Jazz fóra de lugar . Javier Marcos Trío. Detrás do MARCO (Rúa Londres) Javier Marcos, voz Felipe Villar, guitarra José Manuel Díaz, contrabaixo 21:00 h Baldo Martínez Cuarteto Europa. Auditorio Municipal Baldo Martínez, contrabaixo Dominique Pifarély, violín Samuel Blaser, trombón Ramon López, batería, táboa e percusión DOMINGO 30 DE XUÑO 13:00 h. Jazz fóra de lugar. Swing Session Quartet. Rúa Joaquín Yáñez (diante de De Cholo Café Bar) Javier Jaso, saxo e voz Gabriel Peso, piano Antonio Castillo, contrabaixo Cholo Soto, batería 21:00 h Side A. Auditorio Municipal Ken Vandermark, saxo tenor e clarinete baixo Havard Wiik, piano Chad Taylor, batería LUNS 1 DE XULLO 12:00 h Academia de Sons. Concerto didáctico Odaiko Percussión. Detrás do MARCO 20:30 h Hyperpotamus. Salón de actos do MARCO Jorge Ramírez, home orquestra MARTES 2 DE XULLO 11:00 h Academia de Sons. Obradoiro de improvisación con Chefa Alonso. MARCO 20:30 h Molimo. Salón de actos do MARCO Chefa Alonso, saxo soprano, percusión menuda Bárbara Meyer, violoncello Cova Villegas, voz 4 MÉRCORES 3 DE XULLO 11:00 h Academia de Sons. Obradoiro "Cacharrófono" con Taller Sonoro Premusical. MARCO 20:30 h SSS-Q. Susana Santos Silva & Jorge Queijo. Salón de actos do MARCO Susana Santos Silva, trompeta Jorge Queijo, batería XOVES 4 DE XULLO 11:00 h Academia de Sons. Obradoiro de instrumentos de manivela con Germán Díaz. MARCO 21:00 h Marcelino Galán. Auditorio Municipal Marcelino Galán, guitarra Pablo Castaño, saxo Raynald Colom, trompeta Yago Vázquez, piano Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo Marc Ayza, batería 23:00 h Dead Capo. Praza da Constitución Javier Diez Ena, contrabaixo Javier Adán, guitarra Santiago Rapallo, batería Marcos Monge, saxo tenor VENRES 5 DE XULLO 13:00 h Jazz fóra de lugar. Chus Pazos Trío. Rúa Ronda de Don Bosco (diante da Galería Jazz) Chus Pazos, batería Javier Pereiro "GDJazz", trompeta Fernando Sánchez, contrabaixo 18: 00 h Academia de Sons. Obradoiro de Cabaret-Jazz con Iria Pinheiro. MARCO 21:00 h Mostly Other People Do the Killing. Auditorio Municipal Peter Evans, trompeta Jon Irabagon, saxo Moppa Elliott, contrabaixo Kevin Shea, batería 23:00 h Tora Tora Big Band. Praza da Constitución João Capinha, Desidério Lázaro ,saxos Cláudio Silva, Johannes Krieger,trompetas, fliscornos Lars Arens, Xavier Ribeira ,trombóns, eufonios Filipe Raposo, teclas Francesco Valente, baixo Sebastian Scheriff, percusións João Rijo, bateria 5 SÁBADO 6 DE XULLO 11:00 h Academia de Sons. Sábado de cine . A film about Kids & Music. Sant Andreu Jazz Band. Auditorio Municipal 13:00 h Jazz fóra de lugar. Marcos Salcines Trío. Rúa Ronda de Don Bosco (diante da Galería Jazz) Marcos Salcines, piano José Santomé, contrabaixo Emilio Atanes, batería 21:00 h Ari Hoenig Trio. Auditorio Municipal Ari Hoenig, batería Rainer Bohm, piano Demian Cabaud, contrabaixo 23:00 h Richard Galliano. Tangaria Quartet.Praza da Constitución Richard Galliano, acordeón Mauro Negri, clarinete Philippe Aerts, contrabaixo Jean-Christophe Galliano, batería 01.o0h Jazz na noite. Rafa Fernández Quinteto. Xancarajazz Rafa Fernández, guitarra Pablo Castaño, saxo Max Gómez, batería Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo Alex Salgueiro, rhodes 6 Venres 28 xuño 2013. Auditorio Municipal do Concello, 21:00 h Tigran. Concerto de apertura Louvado polos mestres do jazz, portada das revistas máis prestixiosas e considerado pola crítica como un dos novos valores do jazz. Tigran Hamasyan (Gyumri, Armenia, 1987) gañou con dezanove anos o premio da Thelonious Monk Piano Competition nos Estados Unidos e a partir de aí a súa vida profesional disparouse polos derroteiros do jazz. Sensible, ecléctico, versatil, preciosista e, por momentos, histriónico, Tigran utiliza o piano e a súa propia voz dunha maneira fresca e delicada. No que era até este ano o seu último disco A fable (Universal Jazz France, 2010) -cunha fabulosa portada que o retrata como un rock star na intimidade- demostra que a súa xenialidade: tecnicamente non ten tacha e xoga coa experimentación e coas súas raíces cunha facilidade que abraia á audiencia. O denominado neno-xenio do jazz chega á novena edición do Festival de Jazz de Vigo en pleno lanzamento do seu traballo Shadow Theater. Sendo un neno e estudando música clásica en Armenia, Tigran ía facéndose unha carreira como pianista de jazz chegando a presentarse con once anos no Festival de Jazz Internacional en Yerevan, cidade na que vivía coa súa familia. Aos dezaseis anos chegaría o traslado familiar aos Estados Unidos, máis estudos, premios e o contacto cos músicos dos Ánxeles. A audiencia do jazz coñeceuno polo seu disco New Era (Nocturne, 2008) ao que seguiu Red Hail (Plus Loin, 2009) no que afondaba no folclore tradicional europeo. Triunfaba en Francia onde comezaba a escoitárselle como representante dunha vía de futuro para o jazz. Nos últimos anos a Tigran pasáronlle moitas cousas e todas boas. En 2011 participou no Festival de Jazz de Montreux, colaborou con músicos prestixiosos como Dhafer Youssef, recibiu os agarimosos afagos de Chick Corea, Herbie Hancock e do que é probablemente o pianista máis reputado do momento no jazz, Brad Mehldau, e editou un EP titulado Nº1, vinte minutos de música só dispoñible en vinilo e como descarga da rede. Agora acaba de gravar ademais a banda sonora da película noruega "Victoria" de Toru Lian. 7 Sábado 29 xuño 2013. Auditorio Municipal do Concello, 21:00 h Baldo Martínez. Cuarteto Europa Para Imaxina Sons é un pracer ser escenario da posta en marcha dun novo proxecto como "Cuarteto Europa" que reúne a algunhas das figuras do jazz continental: o violinista Dominique Pifarély, o contrabaixista Baldo Martínez, o batería Ramón López e o trombonista Samuel Blaser. O violinista Dominique Pifarély comeza a liderar as súas propias formacións nos anos oitenta e exerce de sideman de artistas como Martial Solal, Gérard Marais, Patrice Aratini, François Jeanneu e outros. Desde 1985 colabora frecuentemente co clarinetista Louis Sclavis y no ano 1992 forman "The Sclavis/Pifarely Acoustic Quartet", xunto a Marc Ducret e Bruno Chevillon. A finais dos noventa céntrase no traballo a dúo co pianista François Coutorier. Traballa para teatro, non só como compositor, senón tamén como intérprete Pola súa parte, Baldo Martínez é un dos jazzistas da península con máis recoñecemento, considerado un artista imaxinativo cunha marcada personalidade musical. Crea en 1994 o seu propio grupo despois de fundar bandas emblemáticas como Clunia ou Zyklus e de traballar con destacados músicos como Jorge Pardo, Maria Joâo, Bob Moover, Mike Rabinowitz, Chano Domínguez, Perico Sambeat, Angel Rubio, Carlo Actis Dato, Paolo Fresu, Kenny Wheeler e Joachim Kühn, entre outros. En 2005 recupera o Projecto Miño -que preparara en 1999 para o Festival de Guimaraes-, o proxecto enriquécese e é gravado en 2007. É considerado disco do mes de xaneiro de 2008 pola revista francesa Jazz Magazine e é nomeado aos Premios da Música en España como mellor álbum de jazz. Baldo Martínez foi director artístico de Imaxina Sons entre 2005 e 2010. O batería Ramón López é Cabaleiro das Artes e das Letras desde 2008, cando lle foi concedida esta distinción polo goberno francés debido ao traballo desenvolvido neste país no que vive desde hai vintecinco anos. A mediados dos setenta comezou a tocar a batería de forma autodidacta, en 1985 decide completar a súa formación en París e irase incorporando á escena experimental francesa. Entre 1997 e 2000 foi batería da Orquestra Nacional de Jazz de Francia baixo a dirección de Didier Levallet e actuou por todo o mundo con artistas como Anthony Coleman, Joachim Kühn Barry Guy, Enrico Rava, Louis Sclavis, Archie Sheep, Glenn Ferris, Howard Johnson e Hans Koch, entre outros. O trombonista Samuel Blaser, suízo residente en Berlín aínda que considerado por moitos integrante da escena neiorquina, é un músico virtuoso como intérprete e como líder de distintas formacións. Co seu grande potencial creativo, axudado en boa parte pola formación académica recibida no seu país, desenvolveu un traballo de improvisación e formas abertas que o levou a explorar estruturas musicais de diferentes épocas históricas. 8 Domingo 30 xuño 2013. Auditorio Municipal do Concello, 21:00 h Side A Figura relevante do particular caldo de cultivo musical da cidade de Chicago, o saxofonista e clarinetista Ken Vandermark é un home de mil proxectos e formacións (DRV Trio, Vandermark 5, Fire Room, FME, Sound in Action, Tripleplay, 4 Corners, Bridge 61, Sonore, Powerhouse Sound, AALY Trio, Spaceways Inc, Territory Band, Free Fall, Resonace Ensemble), moitas delas distintas combinacións dos músicos cos que habitualmente traballa. Interesado pola excelente escena escandinava do jazz, atopou alí a algúns dos seus compañeiros máis regulares. Entre eles, o pianista Havard Wiik, que forma parte de Free Fall (con Ken e Ingebrigt Haker Flaten) e participa como membro de Atomic na colaboración Atomic-School Days. O terceiro membro do trío é outro dos fillos pródigos da cidade do vento, membro de algunhas das formacións máis importantes do jazz desa cidade, como o Chicago Underground Duo, Trio e Ensemble, a Exploding Star Orchestra, ou o Fred Anderson Trio ou Sticks and Stones, o baterista Chad Taylor, que tamén toca en formacións pop como The Sea and Cake e Iron and Wine. A música de Side A está ancorada na tradición do post-bop, pero sempre abertos ás posibilidades do free, e cunha potente enerxía procedente do rock. As composicións serven de marco para a improvisación, que pretenden fluída, cortante e trascendente, sustentada polo virtuoso dominio dos seus respectivos instrumentos e por unha espontaneidade alimentada por un profundo coñecemento tanto da historia do jazz como das músicas do noso tempo. Ken Vandemark, saxos tenor e barítono, clarinete baixo Havard Wiik, piano Chad Taylor, batería http://www.kenvandermark.com/ 9 Luns 1 xullo 2013. MARCO, 20:30 h Hyperpotamus Nacido en Tokyo, aínda que con nacionalidade española e infancia viaxeira, Jorge Ramírez Escudero é Hyperpotamus. Ou o que é o mesmo, un home orquestra que traballa co seu corpo. Funk, soul, hiphop…o xogo vogal de Hyperpotamus crea bucles, loops, cos que xoga e surprende á audiencia. A súa proposta levouno á pasada edición do Festival de Jazz de Londres, cidade na que está residindo desde hai algúns anos Martes 2 xullo 2013. MARCO, 20:30 h Molimo. Chefa Alonso, saxo soprano, Barbara Meyer, violonchelo, Cova Villegas, voz A música deste trío de improvisadoras pode definirse como unha viaxe sen medo para crear texturas asimétricas e suxestivas. Entretecen delicados fíos e constrúen madeixas de vivas cores, onde non se escatima a aspereza, o contraste, a dozura, a forza, a melancolía, a poesía. Mércores 3 xullo 2013. MARCO, 20: 30 h SSS-Q Susana Santos Silva & Jorge Queijo Co seu debut en 2011 co disco Devil´s Dress, a trompetista Susana Santos Silva (Porto, 1979) converteuse nunha das figuras do novo jazz portugués. Forma parte da Orquestra Jazz de Matosinhos desde hai quince anos e participa tamén no European Movement Jazz Orchestra. Chega a Imaxina Sons xunto ao batería Jorge Queixo. Xuntos, nas súas palabras, vagan polos camiños do free jazz e da experimentación promovendo unha relación orgánica entre trompeta e batería. Dous músicos veciños do Porto con experiencias musicais eclécticas e formas singulares de sentir o mundo. 10 Xoves 4 xullo 2013. Auditorio Municipal do Concello, 21:oo h Marcelino Galán. The Gift Para o Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons servir como escenario de presentación dos proxectos jazzísticos galegos sempre é un motivo de satisfacción. Nesta ocasión é o guitarrista e compositor Marcelino Galán (A Coruña, 1972) quen chega a esta novena edición cun novo traballo baixo o brazo. Trátase do disco The Gift, un regalo para nós e para a audiencia do festival no que Galán demostra de novo o acerto das súas propostas como compositor, acompañado dalgúns dos mellores músicos de jazz do país. Marcelino Galán formouse como músico entre Cataluña e os Estados Unidos, ou máis concretamente entre o prestixioso Taller de Músics de Barcelona e o Berklee College of Music de Boston. Recibiu aulas dalgúns dos profesores máis reputados no mundo do jazz e axiña comezou a participar en festivais e proxectos nos que foi deixando a súa impronta como instrumentista. Será no ano 2003 cando edite o seu primeiro traballo como líder Roho (Xingra, 2003) en formación de cuarteto; jazz clásico revisitado de maneira fresca e contemporánea, unha liña que continuará con Zinco (Free Code, 2008) xa en quinteto, arroupado por compañeiros de viaxe, jam sessions e outras moitas aventuras musicais e que foi presentado na edición de 2008 de Imaxina Sons. Entre eles, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o saxo Pablo Castaño, cos que tamén comparece nesta nova edición de Imaxina Sons. Ese mesmo ano tamén forma parte do celebrado disco Pascala, asinado pola cantante Terela Gradín e o pianista Manuel Gutiérrez . Integrante de grupos destacados da escena galega, como Monkillos, sería imposible enumerar todas as iniciativas nas que participa e que fan del un imprescindible do jazz en Galicia. Ademais, é profesor de guitarra na área de jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Con The Gift sube un chanzo máis na súa aposta como autor, medrando non só no número de músicos que o acompañan senón tamén, e máis importante, na indagación disto que chamamos jazz. Marcelino Galán, guitarra, Raynald Colom, trompeta, Pablo Castaño, saxo alto, Iago Vázquez, piano Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo, Marc Ayza, batería 11 Xoves 4 xullo 2013. Praza da Constitución, 23:00 h Dead Capo Formada en Madrid, a banda Dead Capo é unha das máis orixinais e atrevidas da península co seu proxecto musical amalgama de jazz, swing, rock e vangarda. Música instrumental que se plasma no seu traballo discográfico Sale (2012), segundo para un grupo que naceu en 1999 e gravou o seu primeiro disco titulado Díscolo en 2002. Nos seus inicios, cando a batería era encomenda de Javier Gallego, coñecido xornalista condutor do programa "Carne Cruda", supuxeron unha sorpresa fresca no circuíto de jazz, no que mellor se moven -malia que declaran que no jazz español non son considerados jazzeiros- sen renunciar a conquistar novos públicos máis vinculados ao rock ou ao funk. Para quen no os coñeza en directo un concerto de Dead Capo pode definirse como unha celebración, como unha feliz conciliación de extremos musicais, entre a liberdade interpretativa e a precisión nos arranxos, entre a rudeza e a sutilidade. Por diante o seu desexo de fuxir das estruturas obvias, pero nunca perden de vista a diversión e o entretemento. Esa é a verdadeira virtude de Dead Capo, poder combinar de maneira convincente o vangardista e o popular. Por iso a súa música admite múltiples lecturas, pode satisfacer por igual ao melómano esixente e a quen tan só quere pasalo ben. Javier Diez Ena, contrabaixo Javier Adán, guitarra Santiago Rapallo, batería Marcos Monge, saxo tenor 12 Venres 5 xullo 2013. Auditorio Municipal do Concello, 21:00 h Mostly Other People Do the Killing Coa imaxe dunha banda de antiheroes irreverentes, Mostly Other People Do the Killing resulta do encontro de novos e sorprendentes músicos liderados polo contrabaixista Moppa Elliott. Compositor en MOPDTK. Elliott cualifica o proxecto como de "terrorismo bebop" coa intencionalidade de reinterpretar e manipular até o extremo temas que intencionalmente recollen clichés do son Blue Note dos anos cincuenta e sesenta. Con Elliott, o saxo alto Jon Irabagon (gañador en 2008 da Thelonius Monk Competition dedicada nesa ocasión a saxofonistas), o batería Kevin Shea e un dos improvisadores máis celebrados dos últimos anos e membro destacado da comunidade jazzeira neiorquina, o trompetista Peter Evans, incorporado nos últimos tempos tamén á Electric Acoustic Ensemble de Evan Parker. MOPDTK chega a Vigo cun novo disco: Slippery Rock. A súa viaxe por xéneros e estilos é unha bomba emocional e hai quen di que se trata dunha extensión das obras de Ornette Coleman e Masada de John Zorn. Eles reivindican o humor na súa aposta desvinculándose de calquera visión clasicista do jazz. En 2011 gravaron un disco ao vivo no Festival de Jazz de Coimbra para o selo portugués Clean Feed. Tras a súa escoita, o crítico Pachi Tapiz escribiu en Tomajazz: " El grupo explota su enorme potencial en directo, lo que logra que el disco sea algo más que un recopilatorio en directo al uso. Peter Evans y Jon Irabagon están especialmente brillantes, aunque todo el cuarteto se muestra sumamente creativo en directo. Los temas, que en algún caso supera los treinta minutos, se sabe cómo comienzan (toman el título de la composición que sirve para iniciar la descarga creativa), pero por fortuna no cómo acaban: aparecen citas de clásicos, nuevas melodías y composiciones instantáneas". Peter Evans, trompeta Jon Irabagon saxo, Moppa Elliott, contrabaixo Kevin Shea, batería 13 Venres 5 xullo 2013. Praza da Constitución, 23:00 h Tora Tora Big Band En directo esta big band, compendio de culturas de toda Europa, resulta abraiante. Con base en Lisboa, o seu último traballo de estudio titúlase Salteado e volve a cociñar para os nosos ouvidos a fusión de jazz, funk, afrobeat, samba e outros ritmos. Lisboa é a cidade que inspira a enerxía desta formación na que se integran músicos de Portugal, Alemaña, Noruega, Reino Unido, Italia, etc, que comezan a tocar xuntos en 2001. En 2006 gravan o seu primeiro CD Tora Tora, ao que segue Tora Tora Cult (2007), co que se colocan entre os mellores albumes do ano en Portugal para publicacións como o semanario Expresso. Segundo eles mesmos, parte da contundencia da big band reside nunha forte sección de metais e unha explosiva sección rítmica. Proclaman unha nova sonoridade de brass band e convertéronse nun dos proxectos máis orixinais do jazz luso na súa reaparicición no verán de 2012 tras un par de anos de descanso. Recollen o espíritu das vellas big bands dirixíndose a un público que baila, pero desta vez na viaxe que os Tora Tora fan polos sons latinos, africanos, árabe, reggae ou drum´n bass. João Capinha, Desidério Lázaro, saxos Cláudio Silva, Johannes Krieger, trompetas, fliscornos Lars Arens, Xavier Ribeira, trombóns, eufonios Filipe Raposo, teclas Francesco Valente, baixo Sebastian Scheriff, percusións João Rijo, batería 14 Sábado 6 xullo 2013. Auditorio Municipal do Concello, 21:00 h Ari Hoenig Trio Está considerado un dos mellores baterías do jazz mundial. Ari Hoenig (Filadelfia, EUA, 1973) é para a publicación Jazz Times o batería máis obsesivo, espasmódico e musical do jazz. Comezou hai dez anos sendo a sensación do underground da cidade de Nova York e hoxe ninguén dubida en incluílo nun grupo dos grandes. Destaca tamén o Ari Hoenig na súa faceta de mestre; ensina na Universidade de Nova York e na Nova Escola de Investigación Social da mesma cidade. Só ou en colaboración con outros músicos edita material didáctico destinado a amateurs e profesionais e é unha sinatura habitual da revista Modern Drummer, referencia mundial para batería de todos os paus musicais. A música era un todo no fogar de Ari Hoenig cun pai cantante e director de orquestra e unha nai violinista e pianista. Aos doce anos comezou coa batería e aos catorce xa probaba co jazz. Estuda música en Texas e New Jersey; desprazaríase a Brooklyn axiña e a partir de aí coñece e comeza a colaborar con moitísimos músicos de jazz. Produce os seus primeiros discos como batería solista en 2000 con Time Travels e en 2002 con The Life of a Day. Ese mesmo ano funda o Ari Hoenig Quartet co que se converte en grupo residente do club de jazz Fat Cat no Village neoiorquino. En 2006 grava o disco titulado Inversations, seguido de Bert´s Playground (2008). Pouco depois cruzaría o seu camiño co artista encargado de inaugurar esta novena edición de Imaxina Sons, pianista armenio Tygran, que colaboraría no disco Punk Bop Live at Smalls (2009). Tamén estaría xunto a Ari Hoenig no disco Lines of Oppresion (2011), que o batería considera un punto de inflexión como compositor e líder. Nos últimos tempos, volcado no seu proxecto de trío, alterna a inclusión de piano e de guitarra como contrapunto ao seu traballo na batería. Ari Hoenig, batería Rainer Bohm , piano Demian Cabaud, baixo 15 Sábado 6 xullo 2013. Praza da Constitución, 23:00 h Richard Galliano. Tangaria Quartet O acordeón entrou no circuíto mundial do jazz grazas a Richard Galliano (Cannes, Francia, 1950) e na lista de artistas preferentes de Imaxina Sons desde os inicios do festival sempre estivo o seu nome. Nesta novena edición por fin o público de Vigo poderá gozar do traballo dun home do que din que marcou un antes e un despois para os acordeonistas. Chega ao festival co proxecto Tangaria Quartet. Elegancia, jazz e tango, nunha aventura que Galliano comezou hai trinta anos cando foi convidado por Ástor Piazzola como solista de bandoneón na Comedie Française; o arxentino converteríase no seu mentor e amigo até o seu falecemento en 1992. Sen lugar a dúbidas Richard Galliano é un dos grandes; desde 1980 comparte escenario con outras figuras como Chet Baker, Ron Carter, Joe Zawinul, Al Foster, Pierre Michelot, Biréli Lagrène, Jean François Jenny-Clark, Eddy Louis, Philip Catherine, Aldo Romano, Charlie Haden, André Ceccarelli, Michel Portal, Enrico Rava, Toots Thielemans, Jean- Charles Capon e moitos outros. Durante este periodo tamén compuxo numerosos traballos, aclamados tanto pola prensa como polo público. Desde 2011, ano que asinou un contrato coa famosa discográfica Deutsche Grammophon, Galliano tamén se dedica a revisitar co acordeón a obra de compositores clásicos. Comezou con Bach nun primeiro disco, continou co compositor italiano de bandas sonoras de cine Nino Rota e neste 2013 acaba de lanzar a súa visión de Vivaldi. Richard Galliano, acordeón Mauro Negri, clarinete Philippe Aerts, contrabaixo Jean-Christophe Galliano, batería 16 Venres 21 xuño 2013. Bar Hipólito, 21:00 h Festa presentación festival. Verónica Ferreiro Desde hai máis de catro anos Verónica Ferreiro (A Coruña, 1983) traballa no seu propio proxecto musical, que acaba de frutificar cun primeiro disco titulado Laio. Hai case dez anos que se trasladaba a Madrid para formarse musicalmente, volcándose no jazz polo risco e a liberdade que lle ofrecía. Cantante e compositora, durante os seus primeiros anos en Madrid acompañou nos coros a moitos artistas ben coñecidos do circuíto comercial; pouco a pouco desenvolveu o seu propio camiño polos derroteiros jazzísticos e agora, con Laio, é o seu momento. Sábado 6 xullo 2013. Xancarajazz, 01:00 h Jazz na Noite. Rafa Fernández Quinteto Con disco homónimo baixo o brazo editado co selo Free Code, Rafa Fernández Quinteto achégase ao Jazz na Noite dentro deste noveno Imaxina Sons. Guitarrista residente en Santiago de Compostela, Rafa Fernández (Noia, 1983), estudou guitarra en Galicia con mestres como Marcelino Galán e Marcos Pin; en 2011 viaxa a Nova York para continuar a súa aprendizaxe con figuras como Greg Ruggiero ou Peter Bernstein. Rafa Fernández, guitarra Pablo Castaño, saxo Max Gómez, batería Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo Alex Salgueiro, rhodes 17 Academia de Sons Un espazo para experimentar, aprender e compartir música Experimentar, aprender e divertirse durantes as mañás da primeira semana de xullo. A "Academia de Sons" configura un espazo de concertos didácticos e participativos, obradoiros e, ademais, a estrea dunha película para que os diversos públicos da cidade se acheguen ao jazz. Está nos fundamentos do festival promover e difundir a afeizón ao jazz e non se nos ocorre mellor maneira de facelo que convidando os novos públicos a experimentar. Un laboratorio de ideas, música, xogos, interpretación. Ao redor do jazz Imaxina Sons impulsa unha comunidade para descubrir a música a través de experiencias adaptadas a un público creativo, esixente e variado. Unha oferta que pretende achegar a esta particular academia tanto a aqueles que aman a música sen ter coñecementos de interpretación e composición como a aqueloutros que, téndoos, queiran achegarse ao jazz, á improvisación e, en definitiva, a este singular laboratorio. A proposta da "Academia de Sons" ten un obxectivo principal. Ofrecer un espazo lúdico e formativo para un público amplo, grupos e familias con ganas de compartir actividades. Nenas, nenos, adolescentes, mamás e papás amantes da música que procuran actividades que compartir coas súas crianzas, xóvenes músicos na procura de experiencias novas, persoas curiosas con gañas de sorprenderse, etc. A "Academia de Sons" quere chegar a todas e cada unha delas, así que botádelle un ollo ao programa de actividades, que seguro que atoparedes algo que probar. As inscricións faranse a través do teléfono gratuíto 010 con horario de 08:00 a 20:00 h. de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h. os sábados. O prazo abrirase o venres 21 de xuño e pecharase o venres 28 de xuño ás 14h. Nas actividades con prazas limitadas a admisión será por rigorosa orde de inscrición. Pecharase a inscrición no momento no que se acade o número máximo de persoas admitidas; emitirase o aviso pertinente nos soportes de difusión on line do festival. 18 Academia de Sons Unha proposta do 9º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons para aprender, experimentar e divertirse. Bota un ollo, seguro que hai algo para ti! Odaiko Percussion Group. Concerto didáctico Unha actuación interactiva dirixida a nenas, nenos, nais, pais, avoas, avós…e a todas as persoas amantes de bater e axitar a música. Luns 1 xullo, 12:00 h Detrás do MARCO /Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei nº1, no caso de choiva) Entrada libre até completar aforo Achegamento á improvisación e ao jazz. Obradoiro Se estudas, compós, interpretas, escoitas ou amas a música experimental e a improvisación, non o penses. Este é o teu sitio. Martes 2 xullo. 11:00 h a 14:00 h. Laboratorio das Artes do MARCO (Príncipe, 54) Imparte: Chefa Alonso Recomendado a partir de 12 anos con coñecementos de música ou iniciados nalgún instrumento Prazas limitadas: 15 19 Cacharrófono. Obradoiro Para esas nenas e nenos que fan música con calquera obxecto de uso cotián. Construirán os seus propios instrumentos a partir de cacharros de cociña. Mércores 3 xullo 11:00 h a 13:00 h. Laboratorio das Artes MARCO (Príncipe, 54) Imparte: Taller Sonoro Premusical, Vigo De 6 a 12 anos Prazas limitadas : 15 Dálle á manivela! Obradoiro Germán Díaz, músico e investigador, trae consigo unha colección de instrumentos de manivela. Coa súa axuda converterédesvos en compositores e intérpretes. Xoves 4 xullo 11:00 h a 13:oo h Laboratorio das Artes do MARCO (Príncipe, 54) Imparte: Germán Díaz Recomendado para público xeral partir de 9 anos Prazas limitadas: 15 Cabaré & Jazz. Obradoiro Non é necesario máis nada que ganas de desinhibirte e pasalo ben nun obradoiro que traballa coa expresión corporal, co baile, co canto e, tamén, co sentido do humor. Venres 5 xullo 18:00 h-20:00 Laboratorio das Artes do MARCO (Príncipe, 54) Imparte: Iria Pinheiro Recomendado a partir de 18 anos Prazas: 20 20 Sabado de cine A film about Kids & Music. Sant Andreu Jazz Band Unha película sobre rapazas, rapaces, jazz e, en definitiva, música. Unha historia tan real como sorprendente. O milagre da música existe: a Sant Andreu Jazz Band. Sábado 6 xullo. 11:00 h Auditorio Municipal (Praza do Rei) Entrada libre Aforamento limitado A film about Kids & Music. Sant Andreu Jazz Band.Dirección: Ramón Tort. Reparto: nenas e nenos de Sant Andreu Jazz Band, Joan Chamorro, Montse Jorba, Terell Stafford, Wycliffe Gordon, Jesse Davis, Ricard Gili, Esteve Pi. Produtora: Divinoconcepto. Duración 101 minutos 21 IMA XINA SONS 9º FESTIVAL DE JAZZ DE VIGO 28 XUÑO / 06 XULLO 2013 9 www.imaxinasons.com vigocultura.org | tel. 010